Angel llanos é o profesional vigués de máis longo percorrido na fotografía, á que se dedicou durante máis de oito décadas, dende que por primeira vez disparou unha cámara aos once anos. mesmo durante a guerra civil mantivo a actividade, integrado no gabinete fotográfico do corpo de exército de galicia. ademais, o seu arquivo enriqueceuse coas placas herdadas do seu avó e do seu pai, pioneiros no mundo do retrato e a reportaxe. a historia de vigo durante máis dun século foi plasmada en fotos por esta familia, material do que ofrecemos unha ampla mostra, xunto á biografía de llanos, con moitos perfís de interese. cen anos da cidade de vigo a través da mirada dunha cámara
